Saída:

11:00 dende o  Parque de Castrelos

Percorrido:

Travesas, Camelias, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo, Sanjurjo Badía,  Avda. De Guixar,  García Barbón, Policarpo Sanz, Pi y Margall, Lopez Mora,  Praza América, Camelias, Praza da Independencia, chegada e lectura do manifesto.

Convocan:

Verdegaia, AGDP Vigo, ECF European Cycusts Federation, Con Bici,

Apoian:

Adega, Alkibike Amigos da Terra, Amigosdelciclismo.com, Anca, Arbore, Bici O Con, Bicipostal.es, Bicitour, Bici Total, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Asociación estatal de Victimas de accidentes, Federacion de Peñas Recreativas El Olivo, Federación Veciñal Eduardo Chao, Coordinadora Estatal en Defensa del Ferrocarril Publico, Gonzalo Aguiar, Greenpeace, Norbike, O raio Verde (tenda ecoloxica), STOP Accidentes, Ciclos Palacios, Que Bici, Salva o Tren, Servizo de Deportes Universidade de Vigo, Xtembike Vigo.

O percorrido son algo máis duns 14 km. Apto para todos.

A bici é cultura. Vívea!

¡Animádevos e non faltedes!

Reivindicamos:

1. Revalorización social da bicicleta como medio de transporte e non exclusivamente para a práctica deportiva ou de lecer;

2. Discriminación positiva da bici respecto aos medios motorizados: ademais de presentar unha maior eficiencia enerxética, a bici non xera contaminación acústica nin atmosférica, o que contribúe a ter unha cidade máis limpa e agradáble;

3. Intermodalidade, coa creación de condicións que permitan o uso combinado da bici co transporte colectivo;

4. Pacificación do tráfico, mediante a progresiva redución da velocidade máxima en todo o casco urbano e un maior control do cumprimento das normas de circulación, de modo a garantir a seguridade dos cidadáns;

5. Convocatoria da Comisión da Bicicleta, constituída no pleno do concello do día 25 de Abril de 2005 mais que non se reúne dende o 2006, para xestionar tódolos temas que teñan que ver co uso da bicicleta na cidade, entre eles a creación dunha normativa municipal;

6. A elaboración dun Plan de mobilidade urbana e dentro deste a redacción e aprobación dun Plan Director da Bicicleta.

7. Promoción da bicicleta, desenvolvendo actividades lúdico-deportivas destinadas a estimular o seu uso dende a infancia e programas que incentiven os máis novos a ir en bici á escola utilizando itinerarios que garantan a súa seguridade vial;

8. O deseño dunha rede de infraestruturas que garanta a seguridade vial d@s usuari@s da bicicleta e facilite a integración das persoas con mobilidade reducida na mobilidade urbana.

2 Respuestas a “Manifestación ciclista, domingo 25 de setembro, Móvete en bici sen Co2”
  1. Espero que sea todo un éxito; si puedo me acercaré hasta la plaza de la Independencia. :ciclyng:

    Saludos.

  2.  
Deja una Respuesta

:-) :D :( ;) :lol: :-P :takes: :embrace: :dancefast: :worship: :angry: :birdance: :kiss: :welcome: :toast: :clap: :Asleep: :drunk: :header: :hands: :shock: :mrgreen: :oops: :hammer: :ciclyng: :adiction: :war: :roll: :cry: :bicycle: :flamethrower: